Data Prevista de Comezo do contrato: 01-15/11/2018
Data de Finalización: 31/12/2019 
Retribución bruta mensual: 1400 €
Posibilidade de Renovación: Sí, condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente.

Requisitos:
- Licenciatura ou Grao, preferentemente en Ciencias do Mar, Bioloxía ou afíns/equivalentes.
- 2 anos de experiencia en posto similar
- Dominio do inglés. Parte da entrevista desenvolverase nese idioma

Perfil Técnico:
En dependencia da Dirección do Campus do Mar e en coordinación coas Unidades Transversais da Universidade de Vigo, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades:

- Apoio na organización, xestión e seguemento das actividades do Campus do Mar en coordinación con outras unidades transversais da Universidade de Vigo.
- Apoio na organización de eventos e no establecemento de contactos con outros axentes así como na búsqueda de fondos e solicitudes de financiamento para as actividades do Campus do Mar.
- Apoio na tramitación económica e técnica das actividades e eventos do Campus do Mar.
- Actualización periódica de contidos das páxinas web e redes Sociais e apoio nas actividades de divulgación do Campus do Mar.

Criterios de valoración:
· Experiencia profesional (50%):
Experiencia profesional acreditada nun posto con funciones similares (adicional ao mínimo requirido)
Experiencia profesional acredita en Xestión económica e técnica de proxectos.
Experiencia profesional acreditada no deseño e organización eventos e grupos de traballo de ámbito mariño.

· Formación (20%):
Títulos de Mestrado/Doutoramento de ámbito mariño
Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico.

· Entrevista (30%):
A Comisión de avaliación convocará a unha entrevista aos/ás tres candidato/as que obteñan unha maior puntuación sumando os apartados de Experiencia e Formación.

A Universidade de Vigo establecerá unha Comisión de selección para levar a cabo o proceso selectivo.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deben enviar o CV e unha carta de presentación a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do 22 de outubro de 2018