Ciclo de Conferencias Café con Sal

web logoO programa "Café con Sal" é un ciclo de conferencias abertas sobre diversos temas de investigación mariña que a ECIMAT ven desenvolvendo dende o ano 2011. O principal obxectivo é o de ofrecer un punto de encontro entre investigadores, alumnos e profesionais do sector do mar co fin de compartir coñecementos, xerar debates e novas ideas que sirvan de xerme de posibles colaboracións. Este programa pretende ademais contribuir á difusión da investigación mariña realizada na Universidade de Vigo e no resto de centros de investigación da nosa área mediante a grabación en vídeo e a publicación de todas as presentacións.

A VII edición consta de 14 ponencias distribuídas ao longo do ano 2017 que serán anunciadas nas nosas webs. As conferencias teñen lugar no salón de actos da ECIMAT o primer e tercer xoves de cada mes (salvo excepcións), entre as 11 e as 11:30 h.

Nos seguintes enlaces pódense consultar o programa deste ano e das últimas edicións, así como a información básica da próxima conferencia e os resumos, videoconferencias e presentacións das ponencias xa realizadas.

Próxima conferencia:

9 de outubro: "Adaptation and speciation in Littorina" - Roger K. Butlin, Professor of Evolutionary Biology (University of Sheffield, UK).