• Monitorización en tempo real:
    • Estacións Oceano-Meteorolóxicas. O servizo inclue o estudio, diseño e construcción de estacións de monitorización, a sua instalación e mantemento, servizos de datos en tempo real e control da calidade dos datos, servizos de alerta vía e-mail ou SMS, servizos de garda 24 h ó día e 365 días ó ano, etc.
    • Monitorización de tanques de cultivo e tomas de auga.
  • Procesado e control de calidade de datos oceanográficos. Realización de tarefas de procesado e control da calidade dos datos das principais variables oceanográficas (perfís de CTD, series de correntes procedentes de fondeos de correntímetros, campos de correntes procedentes de correntímetros instalados en buques, etc), tanto de series temporais adquiridas polo grupo como procedentes de terceiros.
  • Elaboración de informes técnicos. A partir dos datos de monitorización, tanto propios como de terceiros, o grupo pode asumir a realización dos informes técnicos correspondentes.
  • Banco de probas para sensores oceanográficos. Posibilidade de implementar novos sensores en fase de probas ou en desenvolvemento, tanto oceanográficos como meteorolóxicos, en estacións de monitorización xa existentes.
  • Suministro de datos de corrente superficial de alta resolución na Ría de Vigo. 
  • Impartición de cursos.
    • Utilización e mantemento de equipamento oceanográfico.Introducción a Matlab aplicado á oceanografía.
    • Modelización de sistemas mariños e acuáticos.
  • Modelización de sistemas mariños e acuáticos. Modelización da dinámica de rías, baías, esteiros, portos, plataforma continental, etc.

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina web: http://eddy.uvigo.es/