• Elaboración de plans de conservación de especies ameazadas. Utilización de técnicas de captura e recaptura, e modelización poboacional para a elaboración de plans de conservación de especies e seguimento de poboacións ameazadas.
  • Biomarcadores da saúde das poboacións naturais. Análise do estrés oxidativo en diversos tecidos para avaliar o estado de conservación e a saúde das poboacións naturais de vertebrados e invertebrados mariños, de grande utilidade para o seguimento da contaminación mariña.
  • Indicadores da saúde dos ecosistemas mariños. As aves mariñas son animais de longa vida e con posicións apicais na rede trófica mariña, e foron recoñecidas como organismos ideais para detectar cambios no ecosistema mariño, incluíndo cambios nas redes tróficas, o seguimento dos efectos do cambio climático sobre os ecosistemas e os estudos de impacto ambiental sobre o medio mariño.

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina web: http://avelando.webs.uvigo.es/index.html