• Ecoloxía dos recursos marisqueiros: Bioloxía reproductiva e larvaria de invertebrados de interese comercial, principalmente bivalvos como o berberecho e navalla, así como percebe e ourizo. Actualmente estúdanse os efectos do quentamento global sobre as ameixas fina, babosa e xapónica en estreita colaboración coa Universidade de South Carolina (USA) nun proxecto financiado pola NASA.

  • Ecotoxicoloxía mariña: Avaliación integral da contaminación mariña mediante o uso combinado de ferramentas biolóxicas e química analítica. En concreto, os esforzos céntranse en varias áreas de investigación como son: 1) a descrición da sensibilidade de embriones e larvas de invertebrados mariños a certos contaminantes en ecosistemas costeiros, mediante o emprego de test de toxicidade dose-resposta, 2) o estudo da toxicidade de produtos antifouling, 3) a especiación química e biodisponibilidade de metais en presenza de materia orgánica, no desenvolvemento de bioensaios sensibles, ecolóxicamente relevantes e fáciles de estandarizar para a avaliación da contaminación en auga e sedimentos mariños e 5) na avaliación integral da contaminación mariña.

  • Ecoloxía bentónica mariña: Organización e estrutura das comunidades bentónicas, e funcionamento dos ecosistemas, con especial atención ás relacións tróficas e os fluxos da enerxía. Unha parte importante da investigación nesta liña está centrada nos impactos que as especies invasoras e o cambio climático exercen no funcionamento dos ecosistemas bentónicos.

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina web: http://ecocost.webs.uvigo.es/index.php?lang=gl&Itemid=164