Ofértanse produtos derivados do uso do código DualSPHysics dispoñible online en (dual.sphysics.org). O código permite a simulación de diferentes medios fluídos para:

  • Protección de Costas. Construción de diques.
  • Simulacións de evacuación de auga para deseño de pneumáticos.
  • Simulacións para enerxías renovables. UNDIMOTRIZ
  • Simulacións para empresas de publicidade, cine, televisión, etc.
  • Riadas e inundacións.
  • Deseño de ondas artificiais (parques acuáticos).

Grazas ás simulacións do modelo pódese reducir o número de prototipos ou experimentos necesarios ao mínimo, e mesmo nalgúns casos eliminalos directamente. Isto xera importantes vantaxes tanto dende o punto de vista do custo de desenvolvemento coma dos prazos de execución.

Achéganse algúns exemplos de aplicacións do modelo:


carteira1

Colisión dunha onda xigante cunha plataforma


carteira2
Inundación dunha zona costeira


carteira3
Inundación urbana e arrastre de vehículos


Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina web: http://ephyslab.uvigo.es/index.php/elgrupo/