• Estudos de biomasa e produción dos ecosistemas mariños:
    • Determinación da produción de carbono orgánico disolto e carbono orgánico particulado de comunidades planctónicas mediante a técnica de C14
    • Análise de clorofilas (total e fraccionada) en comunidades fitoplanctónicas mediante fluorometría.
    • Produción neta, bruta e respiración da comunidade fitoplanctónica mediante método Winkler
    • Determinación da respiración potencial in vitro de comunidades planctónicas mediante a técnica ETS.
    • Determinación das taxas de redución in vivo do sal tetrazólica INT como estima da respiración do plancto microbiano (da comunidade e bacteriana).
    • Caracterización taxonómica e determinación de abundancias de especies fitoplanctónicas mediante o método Utermöhl con microscopio invertido
    • Toma de mostras para análise de nutrientes, CNH, proteómica e abundancia bacteriana e do fitoplancto mediante citometría de fluxo.
    • Recolección de biomasa microplanctónica (total ou fraccionada por tamaño) e extracción de ADN para análise xenómicos e metaxenómicos.
    • Caracterización das comunidades microbianas planctónicas (eucarióticas e procariotas) mediante a técnica de pegada xenética ARISA (análise automática do espazador interxénico ribosomal).
    • PCR cuantitativa para amplificar e cuantificar simultáneamente o produto da amplificación de ADN.
    • hibridación in situ fluorescente para a detección e cuantificación de microorganismos planctónicos (eucarióticas e procariotas).
    • Determinación de taxas de fixación biolóxica de N2 atmosférico
  • Mantemento de cultivos de microalgas en cámara de incubación.
  • Mantemento e control de cultivos en continuo de microalgas en quimiostato.
  • Determinación de turbulencia de microestrutuctura e a súa aplicación ao estudo de procesos biolóxicos no océano.
  • Estudo das relacións ecolóxicas entre os diferentes compartimentos que forman a comunidade.
  • Análise integrada dos ecosistemas mariños para a súa aplicación a estudos de conservación e impacto.
  • Actividades de divulgación de aspectos relacionados coa ecoloxía dos ecosistemas mariños.