Novas

Investigadores do Centro Singular de Investigación Mariña (CSIM-UVigo) e do IEO-Vigo desenvolven un sistema de xestión para a alimentación temperá da pescada europea

Investigadores do Centro Singular de Investigación Mariña (CSIM-UVigo) e do IEO-Vigo desenvolven un sistema de xestión para a alimentación temperá da pescada europea

A diversificación das especies mariñas xurdiu como unha prioridade na axenda acuícola de moitos países, debido ao seu gran potencial industrial e como alternativa á sobreexplotación pesqueira. Esta diversificación leva novos retos en especies candidatas, entre elas a pescada europea (Merluccius merluccius), cuxos retos decisivos son a diminución da mortalidade masiva observada preto dos 25 días trala eclosión, a optimización da alimentación temperá e a xestión larvaria.…

Ler máis...

O día 1 de xuño Elena Ojea presentará na ECIMAT a conferencia titulada "Climate Adaptation to Shifting stocks"

O día 1 de xuño Elena Ojea presentará na ECIMAT a conferencia titulada

O xoves día 1 de xuño Elena Ojea, investigadora pos-doutoral da Universidade de Vigo e responsable do grupo “Future Oceans Lab”, presentará a conferencia "Climate Adaptation to Shifting stocks" dentro do Ciclo de conferencias científicas Café con Sal. A conferencia terá lugar no salón de actos da ECIMAT ás 11:00h.…

Ler máis...

A ECIMAT abandeira a creación do "European Marine Biological Resource Centre Biobank" co apoio do programa Interreg Atlantic Area

A ECIMAT abandeira a creación do

Son a creación do maior e máis diverso banco de recursos biolóxicos mariños do mundo e a valorización dos resultados da investigación no ámbito dos materiais de orixe mariña para aplicacións nos campos da saúde e do benestar humano, dúas iniciativas que poden contribuír a mellorar a calidade de vida dos habitantes das rexións atlánticas de España, Francia, Irlanda, Reino Unido e Portugal? A Unión Europea considera que si e por iso o programa Interreg Espazo Atlántico 2014-2020, como parte da estratexia europea 2020, vén de concederlle máis de 418.000 euros a estes dous proxectos de tres anos de duración: 268.000 no caso do EBB- European Marine Biological Resource Centre Biobank, coordinado polo Centro de Singular de Investigación Mariña ECIMAT e Campus do Mar e 150.000 euros no do proxecto Bluehuman, Biotecnoloxía azul como innovación na saúde humana para o crecemento intelixente en Europa, no que participa o grupo de investigación en Aplicacións Industriais dos Láseres e que coordina a Universidade do Minho.…

Ler máis...

Investigadores do CSIM-ECIMAT e da Universidade Rey Juan Carlos analizan a capacidade de colonización en Galicia da alga invasora 'Codium fragile'

Investigadores do CSIM-ECIMAT e da Universidade Rey Juan Carlos analizan a capacidade de colonización en Galicia da alga invasora 'Codium fragile'

Codium fragile é unha das algas invasoras máis daniñas en sistemas costeiros, xa que é quen de desprazar ás especies nativas en todo o mundo. No Atlántico noreste os seus primeiros rexistros son de principios do século XX, pero, sen embargo, en España non se describe esta especie ata 1966, concretamente no mar Cantábrico. O seu éxito no proceso de invasión é principalmente atribuído á súa ampla tolerancia fisiolóxica tanto á temperatura como á salinidade, tipos de substrato ou contaminantes, así como polo seu rápido crecemento durante o verán, a pouca presión de herbívoros e os diversos modos de reprodución e dispersión, tanto sexual como vexetativa ou partenoxenética. Sen embargo, nas costas da península ibérica varios estudos científicos conseguiron demostrar que a especie nativa, C. tomentosum (a dereita na fotografía 1), conseguía facer fronte á especie invasora. Así, para poder coñecer ben o carácter invasor desta alga, científicos do Centro Singular de Investigación Mariña (CSIM-ECIMAT, Universidade de Vigo) e da Universidade Rey Juan Carlos están a desenvolver un estudo sobre unha alga que, a pesares de ser orixinaria de Xapón, se atopa xa distribuída por todo o mundo. Este estudo forma parte da tese de doutoramento de Ana García, que actualmente está realizando unha primeira fase experimental na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) ao abeiro dun proxecto de investigación en colaboración coa investigadora do grupo EcoCost da Universidade de Vigo Celia Olabarría.…

Ler máis...

Conferencia "Ciclo reprodutivo do cogombro de mar na Ría de Vigo", 18 de maio na ECIMAT

Conferencia

O xoves día 18 de maio ás 11h, no salón de actos da ECIMAT, terá lugar unha nova sesión do Ciclo de Conferencias Café con Sal. Nesta ocasión será Tania Ballesteros, técnica de apoio á investigación da área de recursos biolóxicos e cultivos mariños do Centro Singular CSIM-ECIMAT, quen nos presentará os primeiros resultados do estudio do ciclo reprodutivo do cogombro de mar Holothuria forskali na Ría de Vigo.…

Ler máis...

Tras dez anos de traballo Anselmo Peñas e Emilio Rolán publican un libro que describe 212 especies novas da tribu Chrysallidini

Tras dez anos de traballo Anselmo Peñas e Emilio Rolán publican un libro que describe 212 especies novas da tribu Chrysallidini

Tras dez anos de traballo e grazas á axuda da Sociedade Española de Malacología (SEM), a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) e o Instituto de Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT), Anselmo Peñas e Emilio Rolán publicaron o libro titulado "Deep Water Pyramidelloidea From Central And South Tropical Pacific: The Tribe Chrysallidini", editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.…

Ler máis...

A loita contra os plásticos nos océanos, a bordo do barco solar máis grande do mundo

A loita contra os plásticos nos océanos, a bordo do barco solar máis grande do mundo

A afección do empresario suízo Marco Simeoni pola navegación levouno a percorrer durante anos os océanos do planeta. Nas súas viaxes tomou conciencia do forte impacto que os plásticos teñen na vida acuática, xa que na actualidade entre o 5% e o 10% da produción mundial de plástico termina nos océanos e hai xa un quilo de plástico por cada cinco de peixe. Sensibilizado con este problema, decidiu crear a Fundación Race for Water, que traballa a favor da conservación dos océanos fronte á contaminación por plásticos visibles e por microplásticos, pequenas partículas que teñen un forte impacto sobre os ecosistemas mariños. A súa última aposta é unha expedición de cinco anos de duración que percorrerá o mundo dando a coñecer a importancia de conservar os mares e informará sobre os riscos e consecuencias dunha explotación excesiva.…

Ler máis...

Campus do Mar dá un salto cualitativo na súa colaboración con Cabo Verde exportando o proxecto Empreamar

Campus do Mar dá un salto cualitativo na súa colaboración con Cabo Verde exportando o proxecto Empreamar

Tras cinco anos colaborando no desenvolvemento de diferentes iniciativas, Campus do Mar dá un salto cualitativo na súa relación con institucións académicas e de investigación de Cabo Verde coa sinatura dun protocolo entre a Universidade de Vigo a súa homóloga africana para promover o emprendemento nos sectores estratéxicos relacionados coa economía marítima. O proxecto "Emprendemento no mar. Innovación para o desenvolvemento sostible das comunidades costeiras de Cabo Verde, Empreamar CV" está subvencionado con preto de 73.000 euros, que a Presidencia de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, AECID, concedeu á Universidade de Cabo Verde. A reitora Judite da Encarnação Medina do Nascimento foi a encargada de asinar co seu homólogo da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, a través dunha videoconferencia, o protocolo de colaboración.…

Ler máis...