Novas

ElenaOjea peces

O xoves día 1 de xuño Elena Ojea, investigadora pos-doutoral da Universidade de Vigo e responsable do grupo “Future Oceans Lab”, presentará a conferencia "Climate Adaptation to Shifting stocks" dentro do Ciclo de conferencias científicas Café con Sal. A conferencia terá lugar no salón de actos da ECIMAT ás 11:00h.

Entre os impactos do cambio climático no medio mariño, os cambios na distribución de especies teñen especial relevancia para o futuro da súa xestión. Ante un escenario de cambio, estruturas espaciais de xestión como áreas mariñas protexidas ou dereitos territoriais de pesca poderían deixar de ser eficientes a longo prazo. Esta charla profundiza nesta problemática a través dun análise de localización óptima de reservas mariñas na costa de California, e cómo ésta pode verse afectada polo cambio climático.

A charla está englobada no Proxecto “CLOCK: climate Adaptation to shifting stocks”, unha ERC Starting Grant que se desenvolveu no grupo de Future Oceans Lab da Universidade de Vigo e cuxo obxectivo principal é o de demostrar, mediante casos de estudio, as implicacións da re-distribución de especies para a súa xestión pesqueira.

Durante a charla, Elena Ojea presentará o marco xeral do Proxecto CLOCK e o exercicio concreto que desenvolveu como traballo preliminar coa Universidade de Santa Barbara, aplicado a unha rede especial de reservas mariñas na rexión das Channel Islands.

A conferencia será retransmitida en directo en UVigoTV e publicada posteriormente na nosa web.

Ver cartel da conferencia e o Programa Completo do Ciclo de Conferencias Café con Sal.