Novas

20170711 eteaA instalación da sede institucional da Campus do Mar no edificio Faraday da Escuela de Transmisones y Electricidad de la Armada, ETEA, no barrio vigués de Teis, está un pouco máis cerca de se converter nunha realidade trala sinatura este mediodía, entre a Universidade de Vigo e as consellerías de Facenda e de Cultura, Educación e Educación Universitaria, de dous convenios para o financiamento dos traballos previos á rehabilitación do edificio Faraday. 243.000 euros é importe que a Xunta de Galicia destinará este ano ao inicio da rehabilitación do inmoble, que inclúe o proxecto sectorial, o estudo xeotécnico, análise estrutural, levantamento de planimetría e redacción do proxecto básico de execución, así como a redacción do prego de prescricións técnicas para a rehabilitación do inmoble. A instalación da sede institucional da Campus do Mar no edificio Faraday da Escuela de Transmisones y Electricidad de la Armada, ETEA, no barrio vigués de Teis, está un pouco máis cerca de se converter nunha realidade trala sinatura este mediodía, entre a Universidade de Vigo e as consellerías de Facenda e de Cultura, Educación e Educación Universitaria, de dous convenios para o financiamento dos traballos previos á rehabilitación do edificio Faraday. 243.000 euros é importe que a Xunta de Galicia destinará este ano ao inicio da rehabilitación do inmoble, que inclúe o proxecto sectorial, o estudo xeotécnico, análise estrutural, levantamento de planimetría e redacción do proxecto básico de execución, así como a redacción do prego de prescricións técnicas para a rehabilitación do inmoble.

Como “un día histórico que supón un gran salto no futuro da Universidade”, cualificou o reitor da institución académica viguesa, Salustiano Mato, esta xornada, na que os conselleiros de Educación, Román Rodríguez e de Facenda, Valeriano Martínez, en presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinaron o convenio para iniciar a rehabilitación do edificio Faraday. “Este 2017 a ETEA volve emitir”, dixo Feijóo, que recoñeceu que as institucións non souberon estar a altura dun proxecto que sufriu unha parálise de dez anos. O presidente da Xunta tamén avanzou a próxima sinatura do convenio que permitirá reverter á Zona Franca de Vigo as parcelas 3A e 3B, nas que ademais da sede corporativa de Campus do Mar, se localizarán a acelerador de empresas, o centro de innovación gastronómica e as actividades relacionadas coas tecnoloxías avanzadas mariñas. Xunto a estas actuacións ás que a Xunta prevé destinar uns cinco millóns de euros, Feijóo adiantou un inminente acordo co CSIC para trasladar á ETEA o Instituto de Investigacións Mariñas de Bouzas.

O mellor escaparate para a ciencia mariña

Trala sinatura de cadanseu convenio coas consellerías de Educación e Facenda, o reitor da Universidade de Vigo destacou que máis aló da importancia que para a Universidade ten a materialización de Campus do Mar, a súa instalación na ETEA “supón revitalizar unha zona da cidade e crear un lugar onde Vigo e Galicia se mirarán no mundo”. Mato lembrou as dificultades que entrañou desbloquear un proxecto que estivo paralizado durante unha década e agradeceu moi especialmente o labor do presidente do Xunta por ser “unha persoa de palabra que cumpriu o seu compromiso coa Universidade e con Vigo”. O reitor augurou que pasados un anos, cando comecen a chegar os primeiros resultados do Campus de Mar, “non haberá mellor escaparate para a ciencias mariñas, para os produtos do mar, para a industria e comercio”.

Pola súa banda, o presidente da Xunta tamén incidiu na idea de que Campus do Mar está chamado a ser unha referencia da investigación mariña e lembrou o abandono que durante anos sufriu a ETEA, nos que non tivo o uso que merecía. “En 2017 a ETEA volve emitir”, afirmou Feijóo, que asegurou que tras solucionar uns expedientes moi complicados “o proxecto non ten volta atrás”. Tras asegurar que nun proxecto coma este non vale o curtoprazismo, avanzou que “nesta lexislatura queremos entregar estas instalacións á Universidade e aos veciños de Teis o que necesitan, enlazando o pasado co presente proxectándoo no futuro”.

Fonte: DUVI