Novas

Almeja RulaO xoves día 16 de novembro ás 11:00 h Rula Domínguez, técnica de investigación do grupo de Ecoloxía Costeira da Universidade de Vigo, nos presentará nunha nova conferencia do programa Café con Sal, o proxecto MARISCO, así como os resultados preliminares da súa tese doutoral coa charla titulada "Shellfish beds in Galicia: prevention of risks caused by extreme events on commercially important bivalves”.

Os efectos previstos do cambio climático para os próximos anos na nosa costa indican un aumento da duración e frecuencia das olas de calor e tamén un aumento na intensidade, frecuencia e duración de chuvias torrenciais. Estes dous fenómenos teñen un grande impacto no ecosistema das rías, e particularmente nos organismos que viven no intermareal e que con mobilidade moi reducida non poden fuxir da abundante escorrentía de auga doce ou do calor intenso nos períodos de marea baixa. Estes efectos nos ecosistemas preocupan aínda máis cando se trata de recursos de elevada importancia económica, como son os bivalvos nas rías galegas. Neste contexto, surxíu o proxecto MARISCO, co obxetivo de estudar estos efectos e crear unha ferramenta de predicción que axude na xestión dos recursos marisqueiros.

Rula Domínguez, dirixida por Elsa Vázquez e Celia Olabarria, investigadoras do grupo de Ecoloxía Costeira do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, está a desenvolver a súa tese doutoral dentro do proxecto MARISCO, co obxectivo de explicar cómo afectan os cambios ambientais previstos co cambio climático nas especies principais dos bancos marisqueiros, pero non só a nivel de mortalidade, senón tamén a nivel subletal (crecemento, reprodución, scope-for-growth ou potencial de crecemento, respiración) co fin de incluir esta información en modelos predictivos para o seu uso na xestión directa das pesqueiras.

Durante a conferencia, a poñente realizará unha presentación xeral do proxecto MARISCO e da súa tese, expoñendo os resultados preliminares dalgúns dos experimentos realizados ata o momento, nos cales estudiaron as respostas eco-fisiolóxicas en tres especies de ameixas e no berberecho fronte ás variacións de salinidade e temperatura que suceden nos bancos marisqueiros.

O proxecto MARISCO ten unha axuda do MINECO, CTM2014-51935-R, como a axuda predoctoral de Rula Domínguez (CTM2015-51935-R), e da Xunta de Galicia-FEDER (GRC2013-004). Neste proxecto participan ademáis os investigadores Sarah Woodin e David Wethey, financiados pola NASA (NNX11AP77G) e a US National Science Foundation (OCE1129401).

A conferencia terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo ás 11:00h e será retransmitido en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html estando posteriormente dispoñible nas nosas páxinas web e redes sociais.

https://tv.campusdomar.es/
https://tv.uvigo.es/
https://ecimat.uvigo.es/gl/ciclo-conferencias-cafe-con-sal.html

Cartel da presentación de Rula Domínguez.