Novas

Invitación LifeseascanO próximo 29 de novembro terá lugar o evento “Tecnoloxías e solucións innovadoras para afrontar os retos ambientais da industria conserveira”, organizado por Cetaqua, Fundación Centro Galego de Investigacións da auga e ANFACO CECOPESCA.

Este acto ten como obxectivo reunir a profesionais e entidades relacionados coa xestión de efluentes da industria procesadora de peixe a nivel nacional e local para analizar a situación actual deste ámbito e debater posibles solucións que permitan unha xestión máis sustentable. Presentaranse retos ambientais do sector conserveiro, programas de financiamento para a industria alimentaria, casos de éxito de diferentes empresas, así como tecnoloxías innovadoras para o tratamento de augas industriais e recuperación de recursos. Finalmente, celebrarase unha mesa redonda que terá como obxectivo debater as barreiras e oportunidades ambientais da industria conserveira.

A xornada está dirixida á industria conserveira, industria transformadora de peixe, industria alimentaria, centros tecnolóxicos, universidades e institucións públicas.

Este evento enmárcase no proxecto LIFE SEACAN, o cal ten como obxectivo demostrar o potencial de dúas tecnoloxías baseadas en procesos de biopelícula (lodo granular aerobio e biorreactores híbridos) que se están aplicando para diminuír o impacto da actividade industrial nos ecosistemas mariños. O avance do proxecto así como os resultados obtidos serán presentados durante a xornada.

Consulta a axenda do evento

O aforamento é limitado polo que é necesaria a súa inscrición:

https://goo.gl/forms/NuNKyo4YWXKm3ozK2

Para mais información:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

www.life-seacan.eu