Convócanse dúas prazas para a contratación de dous técnicos de investigación en recursos biolóxicos mariños baixo os proxectos de investigación "Estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla (Ensis magnus) na Ría de Vigo e a súa aplicación á xestión pesqueira" (Praza 1), e "Estudo da bioloxía, status poboacional e diversidade xenética da holoturia (Holothuria forskali) na Ría de Vigo" (Praza 2), financiados polas accións de investigación sobre recursos mariños da Xunta de Galicia, recollida na Resolución do 12 de xaneiro de 2017 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar.

Nos seguintes enlaces pode consultar as convocatorias (descrición da plaza, requisitos, criterios de valoración, condicións, forma de solicitude e proceso de selección) e as resolucións definitivas (valoracións dos candidatos, adxudicación e listado de suplentes).

Convocatoria praza 1

Convocatoria praza 2

Resolución praza 1

Resolución praza 2

Resolución praza 1 - corrección de erros

Resolución praza 2 - corrección de erros