A ECIMAT-Universidade de Vigo presta servizos de apoio para a realización de actividades de investigación de temática mariña.

Estes servizos están dispoñibles para toda a comunidade investigadora mariña, tanto procedente da Universidade de Vigo como de outras institucións tanto públicas como privadas.

Os servizos da ECIMAT estructúranse da seguinte forma:

  • Subministro de Organismos Mariños, Auga e Medios de Cultivo
  • Utilización de Laboratorios, Equipamento Científico e outra Infraestrutura Común
    • Laboratorios
    • Equipamento Científico
    • Outra Infraestructura común
  • Procesado e Análise de Mostras
  • Apoio Mariño (toma de mostras, traballos submariños, equipamento de buceo e outras actividades de apoio á investigación no medio mariño)
  • Servizos Tecnolóxicos de Apoio á Investigación: Apoio a actividades de investigación na ECIMAT (Realización de cultivos experimentais, asesoramento técnico en experimentación con organismos mariños, etc.)
  • Servizos de I+D (Servizos científico/tecnolóxicos prestados polos grupos de investigación adscritos á ECIMAT)

Para solicitar un servizo prema Solicitar un servizo.